Cabecera Vide

Rugby en Vigo esta fin de semana

Esta fin de semana disputaranse 2 partidos no campo do CUVI. Por un lado continúase a Liga Galega Xuvenil na que o noso equipo se enfrontará a Ferrol RC o sábado ás 16.30 h. Mentres o Ednon Universidade de División de Honra B se enfronta a Eibar o domingo 10 de xaneiro ás 11.30 h.

-Liga Galega Xuvenil: Sábado 09 de xaneiro ás 16.30 h.: Universidade Vigo R.C. - Ferrol R.C. - Campo de Lagoas Marcosende (CUVI)

-División de Honra B: Domingo 10 de xaneiro ás 11.30 h.: EDNON Universidade Vigo R.C. - Eibar - Campo de Lagoas Marcosende (CUVI).