O Blusens Universidade de Vigo non puido ante un forte Hermi El Salvador

Imprimir

20150316 vigo rugbyO Blusens Universidade de Vigo non puido dar a sorpresa o sábado no campo de As Lagoas ante o Hermi El Salvador, que marcha na cuarta posición e ademais disputa competicións europeas, tras caer por 17 a 38, nun partido no que o equipo pucelano dominou de principio a fin, a pesar dos continuos intentos vigueses de chegar ao rival.

E é que a pesar do resultado, no que a ocasións se refire estivo moi emparellado. A diferenza radicou na facilidade do Hermi para romper a defensa do equipo visitante, ou de aproveitar practicamente todas as oportunidades nas que chegaba ás 25 locais, onde sempre atopaba os ocos con superioridade numérica, ou arremetendo coa súa potente dianteira. A forte parella de centros foi clave para quebrar a liña defensiva, facendo moito dano, ou á hora de defender, xa que ambas as dúas torres pucelanas eran inquebrantables. Intentábano os xogadores vigueses con moito esforzo, pero a defensa ben organizada pucelana frustraba as ocasións, e mesmo lograba o contraataque cun Blusens Universidade desorganizado ao estar envorcado ao ataque. Por parte viguesa a parella de medios parecía funcionar mellor que outros partidos, coa recuperación de Maguna, que aínda sen estar en plenitude, conseguía levar perigo cada vez que chegaba o balón nas súas mans. Outros xogadores destacados polo bando local foron Uruburo, cada vez máis en forma, como non Maka Tatafu, que o sábado volveu pousar un novos ensaio na súa conta persoal, e Javi Abadía moi activo ao longo do partido.

Mereceu algo máis o Blusens Universidade de Vigo na primeira parte que rematou 0 a 19, xa que aínda que xogou con vento en contra en máis dunha ocasión estivo nas 5 visitantes, mesmo a punto de conseguir un ensaio que bloquearon os defensores do Hermi El Salvador. Na segunda metade co vento a favor e os cambios visitantes, o equipo vigués conseguiu pousar 3 ensaios que o deixaba a un do bonus, un dos obxectivos deste partido, pero non puido ser a pesar de estar a punto de logralo na última xogada que rematou en golpe a favor do Hermi.

Blusens Universidade de Vigo (17): : Maka Tatafu, Oscar Ferreras, David Redondo, Carlos López, Mariano Berlande, Victor Salgado, Ruben Rodríguez, Mpho Mbiyozo, Paul González, Joaquín Maguna, David Riveiro, Javier Abadía, Javier A. Parga (C), Mauro González e Adolfo Rodríguez Uruburo. Tamén xogaron: Juan M. Rodríguez, Adrián Fernández, Pedro González, Borja Vera, Keven Silva e Alvaro Caride.

Hermi El Salvador (38) (b): Marcial Castro, Manu Montañés, Javier Miranda, Alvaro Núñez, Connor McDonald, Pablo Reneses, Gerardo de la Llana, Joe Samuelu, Joan Ramos, Samuel Katz, Raphael Blanco, Christoher Talanoa, Johnathan Carter, Alejandro Sánchez, Thomas Pearce. Tamén xogaron: Dani Marrón, Alejandro Olmedo, Alvaro Torres, Asis García, Alvaro Gorostiza, Pedro Rodríguez, Oscar Casado e Gabriel Fernández.

Tanteador:

Min 6 ensaio de Branco transformado, 0 a 5
Min 28 ensaio de Carter, transformado por Katz, 0 a 12
Min 36 ensaio de McDonald, transformado por Katz, 0 a 19
Min 48 ensaio de Maka Tatafu, 5 a 19
Min 51 ensaio de Carter, transformado por Katz, 5 a 26
Min 54 ensaio de McDonald, transformado por Katz, 5 a 33
Min 58 ensaio de Sánchez, 5 a 38
Min 60 ensaio de Maguna transformado por el mesmo, 12 a 38
Min 78 ensaio de Berlande, 17 a 38

Incidencias: Pedro Montoya non amoestou ningún xogador, nun encontro disputado en As Lagoas Marcosende ante uns 200 afeccionados.