O Blusens Universidade de Vigo cae ante Hernani e complícase a permanencia

Imprimir

hernani blusensuniversidade2014 2015 2O Blusens Universidade de Vigo caeu hoxe no miniestadio de Anoeta, campo no que xogou o partido de hoxe ao estar Landare Toki aínda anegado polas inundacións, por 35 a 15 ante Hernani CRE, o último clasificado da competición.


Nun partido no que esperaba sumar puntos para manter as esperanzas da permanencia ou polo menos asegurarse os playoff, o Blusens Universidade de Vigo non só o non conseguiu, senón que tamén encaixou 5 ensaios, outorgando o bonus ofensivo ao seu rival, e que se lle achega a 3 puntos na clasificación e que ademais está pendente de xogar o seu partido suspendido ante Hermi el Salvador. O triunfo local viuse encarrilado dende os primeiros minutos, xa que Mikel Orbegozo pousaría o oval no minuto 3 para poñer por diante no marcador a Hernani por 7 a 0. Conseguiu empatar no 22 Maguna sumada a patada de Paul González. Pero as expulsións visitantes de Adrián Fernández e Carlos López e a consecuente inferioridade numérica darían 2 ensaios máis a Hernani que chegaría ao descanso cunha vantaxe parcial de 17 a 7.

A segunda parte non viu a recuperación viguesa que cedería os 2 ensaios posteriores para dar o bonus aos locais e quitar toda esperanza, non só de vitoria, senón de bonus. Axudaría a isto a expulsión por tarxeta vermella de Berlande, que deixou ao Blusens Universidade de Vigo con 14 xogadores no campo dende o minuto 65. Hernani tamén sufriría 2 expulsións temporais nos últimos minutos, pero nada puido facer o conxunto olívico para sumar puntos na clasificación. A nota positiva do encontro foi o debut de Le Murray no posto de terceira liña, que conseguiu o segundo ensaio vigués.

Agora o Blusens Universidade de Vigo descansará 2 semanas ata que o fin de semana do 12 de abril se desprace a Ordizia para xogar o seu partido ante o equipo local que esta fin de semana venceu ao Hermi El Salvador por 22 a 26. Só lle vale a vitoria e sumar bonus nos 3 encontros que lle restan para ter aspiracións de permanencia, a pesar de que xa non depende de si mesmo.

Hernani CRE 35 (b): Jon Insausti, Ugaitz Otaño, Mikel Orbegozo, Arkaitz Otaño, Javier Pernas, Ander Gutiérrez, Mauro Perelli, jon Otxotorena, Igor genua, Peio Pérez, Martín Mujika, Iraitz Garmendia, Igor Etxeberría, Martín Collado e Oier Garmnedia. Tamén xogaron: Enako Noriega, Iker Sevillano, Beñat iradi, Jon Zumalabe, Ander Larretxea e Aritz Otaegi. Suplentes: Iñaki Otxotorena e Mikel Pérez.

Blusens Universidade de Vigo 15: David Redondo, Oscar Ferreras, Maka Tatafu, Carlos López, Mariano Berlande, Victor Salgado, Rubén Rodríguez, Adrián Fernández, Paul González, Joaquín Maguna, David Riveiro, Javier Abadía, Javier A. Parga (C), Mauro González e Adolfo Rodriguez Uruburo. Tamén xogaron: Marcos Muñiz, Pedro González, Lee Murray, Borja Vera e José Calvo. Suplentes: Juan M. Rodríguez, Carlos De Cabo e Alvaro Caride

Tanteador:
Min 3 ensaio de Orbegozo, transformado por Genua, 7 a 0
Min 22 ensaio de Maguna, transformado por Paul González, 7 a 7
Min 34 ensaio de de Oier Garmnedia, 12 a 7
Min 37 ensaio de Genua, 17 a 7
Min 44 golpe de castigo de Maguna, 17 a 10
Min 48 golpe de castigo de Genua, 20 a 10
Min 57 ensaio de Jon Otxotorena, transformado por Genua, 27 a 10
Min 66 golpe de castigo de Genua, 30 a 10
Min 75 ensaio de Peio Pérez, 35 a 10
Min 79 ensaio de Lee Murray, 35 a 15

Incidencias: o árbitro Raposo amonestou a Carlos López (´15) e Fernández (´30) por parte viguesa, e aos locais Otaño (´66) e Zumalabe (´78) polos locais. Expulsou con bermella a Mariano Berlande no ´65 do Blusens Universidade.