O Universidade de Vigo feminino remata sexto

Imprimir

universidadefemTras rematar a xornada inaugural cos 2 partidos perdidos, ante CAU Valencia por 47 a 0, e ante Poble Nou por 3 a 0, o equipo feminino do Vigo Rugby Club debía xogar na mañá de onte ante o terceiro clasificado do outro grupo, o equipo navarro de La Única.

En disputa estaba o quinto posto desta fase de ascenso de División de Honra, e nun partido que en principio parecía que ía ser igualado, finalmente o equipo pamplonica levou o triunfo por 34 a 5, anotando o Universidade de Vigo no último minuto o ensaio de hónraa do encontro e do torneo. O gañador desta fase de ascenso foi XV Hortaleza, o club organizador tras vencer na final a CAU Valencia por un axustado 15 a 10. As campioas enfrontaranse a Cisneros, último clasificado na División de Honra para decidir o equipo que compita a próxima tempada na máxima categoría feminina.

A experiencia de competir ante outros clubs de España veulle ben ao Universidade de Vigo que esta tempada comezou un proceso de crecemento, tanto no deportivo coma na captación e formación de xogadoras, e que seguramente fará subir o nivel para a próxima tempada. Ao rematar o partido da mañá as xogadoras puxeron retorno  Vigo a onde chegaron onte pola tarde.

Fotografía de Diego Dolan.