O Blusens Universidade cae 51 a 5 en Altamira

Imprimir

ampo ordizia blusensuniversidadedevigo 2015 FOTO Ainhoa Muriel 2O Blusens Universidade de Vigo tráese unha nova derrota de terras vascas, nun desprazamento ao debeu acudir enchido de baixas. Para completar o equipo tivo que incorporar algúns xogadores dos filiais Os Ingleses e Ferrol Rugby.

Pero aínda así, o equipo vigués soubo conter ao longo do primeiro atiempo a Ampo Ordizia, un equipo cun bloque central de xogadores habituais dende hai varias tempadas, entre os que destacan Kroll, Huxford, Lomax ou o polinesio Muagututia.

Se ben os primeiros puntos locais chegasen nos primeiros 6 minutos, tras 2 golpes pasados por Kroll, Ordizia só puido pasar a liña de marca recén no minuto 36, cando Huxford pousou o oval en la bandeira. Minutos despois eran Auzpurúa o que pousaba tras a saída dunha loita a 5 tras pousar Maguna dentro da zona de marca ante a presión local.

O segundo tempo sería outro cantar e os xogadores de Ordizia pousarían ata 6 ensaios máis, motivados por acceder aos postos de playoff, distanciados a 1 punto agora do Gernika que ocupa a sexta praza. O próximo partido de liga deberán enfrontarse en derby vasco ao Hernani, que continúa na última praza, pero que sumou un punto bonus tras caer ante o Bathco por 46 a 31, e ponse a 2 do Blusens Universidade, aínda que cun partido menos suspendido, e que disputarán na casa ante Hermi El Salvador o domingo 18 de abril, xornada de descanso para os demais participantes de liga.

Ao Blusens Universidade non lle queda outra opción que sumar, cando reciba o 25 de abril ao complicado segundo clasificado Santboiana. Na última xornada da primeira fin de semana de maio deberá desprazarse a Madrid para medirse ao CRC Pozuelo, nun partido máis parello, pero ante un equipo que aínda non ten a permanencia matemática ao sumar 32 puntos, 8 máis que os vigueses.

Agora o corpo técnico ten 2 semanas por diante de preparación, e os xogadores tocados ou lesionados deberán acelerar as súas recuperacións para poñerse a disposición de Mera e Maxwell, e aínda que hai aínda posibilidades de lograr a permanencia definitiva, polo menos poder garantir xogar o playoff polo descenso ante o segundo da división de honra B, e manter a distancia do descenso directo do último posto.
Fotografía de Ainhoa Muriel.