O Blusens Universidade de Vigo venceu pola Copa Xunta a Os Ingleses

Imprimir

O Blusens Universidade de Vigo disputou esta tarde do sábado en Fontecarmoa, Vilagarcía, ante Os Inlgeses, o seu partido polos cuartos de final de  Xunta de Galicia, competición na que esta vez decidiu inscribir un solo equipo senior, ao contrario da edición anterior, na que non puido chegar á final.

O partido decantouse claramente para o equipo vigués dende os primeiros minutos, ante o conxunto arousano, actual subcampión galego, na final do cal se viu sorprendido polo Campus Ourense de David Monreal, a pesar de partir como favoritos. Dende o inicio nada puido facer Os Ingleses, que non competían dende hai algunhas semanas, para seguir o ritmo vigués, que foi apoiando ensaio tras ensaio.

Mera e Monreal aproveitaron para dar minutos a algúns xogadores non habituais, incluíndo algúns xogadores do filial de rexional, pero tamén probando xogadas e con intensidade de cara ao partido que deberán afrontar a próxima fin de semana ante o Santboiana, na anteúltima xornada de liga. Hoxe sóubose ademais que Hernani conseguiu un punto bonus no seu partido aprazado ante Hermi El Salvador polo que se pon a unha unidade do Blusens Universidade, que segue dependendo de si mesmo para lograr a permanencia ou xogar os playoffs para non descender.

Con resultado final de 94 a 0, ambos os dous conxuntos remataron nun otercer tempo de confraternización, tendo en conta ademais que o club de Vilagarcía, esta tempada foi filial dos vigueses, achegando xogadores para algúns partidos.