Cabecera Vide

O Blusens Networks Universidade de Vigo cae ante AVKBera Bera

O Blusens Networks Universidade de Vigo caeu o domingo no seu segundo partido de liga disputado no Miniestadio de Anoeta, en San Sebastián, por un axustado 21 a 17, malia dominar dende o inicio do partido no marcador, dominio que non soubo manter no segundo tempo. O positivo é que lle permitiu sumar un punto bonus.

Comezou ben o partido para o equipo vigués, que nos minutos iniciais se puxo por diante no marcador cun parcial de 12 a 0 tras os ensaios conseguidos por Maka Tatafu e Santiago Gutiérrez Bonifato, sumada a transformación de Uruburo. Descontaría mediada a primeira parte cun golpe o AVK Bera Bera, pero pecharía cun ensaio de Uruburo el Blusens Netwoirks o período para irse ao descanso cun cómodo 17 a 3 no marcador. Axudaba a pensar nun desenlace vitorioso o sen bin do local Bayón no último minuto desta parte, o que obrigaría a comezar con 14 a segunda parte aos donostiarras.

Non foi así o que aconteceu xa que o equipo vigués non volveu puntuar máis no partido e a partir do minuto 62 dous ensaios, un transformado e dous golpes de castigo darían o triunfo a AVK Bera Bera para levar un partido no que deron volta o resultado grazas aos seus xogadores máis experimentados, e o que lles permite sumar a súa terceira vitoria en catro partidos.

O Blusens Networks Universidade de Vigo tráese do País Vasco, a pesar da derrota, un punto bonus que lle permite seguir sumando. Na semana Maxwell comezará a preparar o partido do domingo en Ás Lagoas ante Eibar, que gañou esta fin de semana a Durango por 20 a 7, estreando a súa cuadrícula de vitorias en catro partidos.