Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

javier abadia blusens networks universidade de vigo FOTOJorge CastroO Blusens Networks Universidade de Vigo Rugby venceu onte no campo de As Lagoas Marcosende ao AVIA Eibar por 20 a 17, no que actuaron dous exxogadores vigueses, e que deixaron grandes recordos no club, como Jon Arrizabalaga e Gastón Ibarburu, nun partido no que conseguiu un bonus ao pousar catro ensaios.

O encontro empezaba ben para o equipo vigués que pousaba aos 4 minutos por medio de Jesús Moure na bandeira, tras un maul á saída dunha touche. Uruburo non pasaría a transformación, un detalle que sería unha constante ao longo do partido, no que o Blusens Networks chutó 6 patada, 4 transformacións e 2 golpes, e non logrou pasar ningunha entre os paus. Os primeiros minutos foron moi parellos, coa resposta vasca no 7, con ensaio de García e transformación do medio loita Gaizka Arrizabalaga. Replicaría Uruburo no 10 cun ensaio no que arrancou dende os seus 22 e deixou a medio equipo do AVIA Eibar detrás, zigzagueando todo o campo, para poñer de novo a vantaxe en 10 a 7. Non duraría moito a alegría nas bancadas de As Lagoas, nun día espléndido de sol, xa que no minuto 20 Gorka Moya pousaría o seu ensaio para adiantar ao seu equipo novamente no marcador e deixar o parcial ao descanso por 10 a 12, que remataría anecdóticamente co cronómetro no minuto 35, sen os descontos, segundo se entendeu por un fallo á hora de marcar o inicio do partido.

A segunda parte sería practicamente de dominio viguesa, que non se reflectía no marcador, produto dos fallos aos paus, e á hora de tomar decisións ou xogar á desesperada os golpes de castigo, e a falta de definición nos últimos metros. Pero o Blusens Universidade de Vigo era superior no campo, ante un novo e aguerrido Eibar Taldea que pousaría aos 2 minutos da reanudación e deixaba aos vigueses por debaixo 10 a 17. A partir de aí o control, tanto de xogo como territorialmente, pasaría a mans viguesas, sumando un novo ensaio de Uruburo e outro dun dos xogadores destacados do partido, David Redondo, para pechar o partido e dar o bonus que permite sumar 5 puntos pola vitoria. A nota negativa foi a saída por unha lesión no ombro esquerdo de Carlos de Cabo, que espera diagnóstico para coñecer o alcance.

Na clasificación o Blusens Networks Universidade de Vigo sitúase cuarto, malia contar con 2 partidos menos, nunha liga que domina Aparejadores de Burgos con puntaje ideal de 25 puntos, seguido cun menos por Zarautz, que gañou a CRAT UDC por 24 a 8. O equipo vigués viaxa o próximo sábado a Valladolid para enfrontarse a VRAC Quesos Entrepinares B que se sitúa na última praza cunha vitoria en 4 partidos.

Fotografía de Jorge Castro.