Cabecera Vide

O Blusens Networks non pode con Uribealdea

O Blusens Network Universidade de Vigo caeu este domingo en As Lagoas, nun ventoso día de sol, por 12 a 25 ante un ordenado, aínda que xogando permanentemente ao límite do regulamento, Uribealdea, que gañou tras aproveitar os erros cometidos polo equipo vigués que non foi capaz de levar o partido malia que practicamente monopolizou o ataque.

E é que ademais do conxunto vasco, que con mérito levou o partido, facendo o básico para gañar, os rivais do Blusens Networks Universidade, foron as súas propias decisións e falta de definición. Melloraron a actitude, a defensa e a orde táctica, pero o Blusens Networks Universidade de Vigo fallou á hora de conseguir os puntos. Demasiados ataques nas vinte e dúas rivais, con algúns pick and go de grande intensidade e desgaste que non se convertían en puntos que frustraban aos xogadores vigueses. Destacaron en la dianteira Sito, Redondo e Muñiz, arremetendo sen cesar e sempre gañando metros, Riveiro distribuía ben, Uruburo, cada vez mellor xogador, placaba a destajo e creaba espazos para a liña, mentres Abadía, con dous ensaios, protexía o balón tras avanzar e formar os rucks ou os mauls. As touche gañábanse e había roubos, pero faltaron os pequenos detalles que fan gañar os partidos.

O primeiro tempo xogou con intenso vento en contra que axudou aos visitantes a apoiar un ensaio e pasar un golpe de castigo. O Blusens Networks Universidade non soubo aproveitar dúas superioridades numéricas neste período, que xogaban ao límite e permanentemente cometían golpes de castigo. Desta forma chegouse ao descanso con 0 a 8 no marcador.

Na segunda metade sorprendeu o anticipado regreso de Maguna que se vestira de curto e estaba no banco. Deulle outro sentido ao partido coas súas patadas tácticas dende o fondo da liña nos poucos ataques vascos, que serviron para recuperar o balón con presión en campo contrario. O dominio era vigués, pero aparecía o avant, a infracción ou o fallo nas decisións, como cando tras o primeiro ensaio de Abadía, tras xogada persoal de Uruburo e despois de sumar un golpe o bo zaguero australiano de Uribealdea Cameron, estando por debaixo por 7 a 11, non se converteu en tres puntos seguros un golpe baixo paus mediado o complemento. Pero o Blusens Networks seguiu atacando ata o final e o que non converteu no zona de marca visitante fixérono os vascos en la súa. O centro Toole Thomas case definiu o partido co seu ensaio para poñer o parcial no minuto 75 en 7 a 18, pero o equipo vigués non se rendeu e unha xenial patada de Maguna á bandeira la recolleu Abadía para pousar o oval. Era 12 a 18 e quedaba dous minutos que ulían a remontada pero un novo erro en defensa permitiu á á visitante Hernández pousar solo baixo paus para decepción do equipo e de la grada. O resultado final foi de 12 a 25, demasiado avultado para o que se viu no campo e tendo as oportunidades que tiveron os olívicos.

O Blusens Networks Universidade de Vigo suma desta forma a súa terceira derrota, a primeira na casa e a próxima fin de semana prepárase para o derbi galego ante o CRAT en A Coruña, que gañou 13 a 16 a Durango nesta xornada. Espera que para ese partido estea dispoñible tras a súa lesión Maka Tatafu.