Un EDNON UNIVERSIDADE VIGO RUGBY con moita actitude obtivo unha importante vitoria na súa visita ao País Vasco. Aos poucos minutos de comezar o partido, o equipo de Vigo situouse no campo de Durango onde logo de varias fases de ataque os locais cometeron un golpe de castigo en defensa que foi transformado por Mauro Álvarez, o que abría o marcador (0-3).
A saída posterior puxo a Durango en campo contrario, pero cunha férrea defensa o EDNON Universidade logra recuperar o balón para pasar a xogar novamente no campo dos vascos. O EDNON atacaba cos seus dianteiros e Durango realizaba golpes de castigo como única forma de deter os ataques dos galegos. Co xogo a 5 m da liña de ensaio e logo dun par de intentos penetrouse en zona de ensaio pero a xogada non foi convalidada polo árbitro determinando loita para EDNON.Gañou o balón introducido na loita, que xogou aos ¾ pero a defensa de Durango cometeu un novo golpe de castigo por posición de fose de xogo baixo os paus, polo que Mauro volveu transformar (0-6). A partir dese momento o partido fíxose de ida e volta ata que un erro en ataque no centro do campo de EDNON rematou en golpe de castigo para que o pateador de Durango transformase deixando o marcador en 3-6.
O partido pasou a unha fase moi disputada co equipo de Durango intentando xogar cos seus dianteiros ao que o EDNON respondeu en defensa, recuperando o balón e propoñendo o xogo por fóra, pero por imprecisión propia e pola defensa e os fose de xogo locais o EDNON non podía culminar as súas xogadas. Outro golpe de castigo a favor de Vigo transformado a paus e íase con vantaxe ao descanso (3-9).
O segundo tempo comezou con Durango con moito ímpeto, cunha terceira liña poderosa pero con poucas ideas, pero aínda así situouse en terreo vigués e a puro maul intentou penentrar durante case 15 minutos cun xogo frontal, onde se viu o mellor da defensa dos de EDNON que botaba por terra toda posibilidade de ensaio de Durango. Cun balón recuperado puídose saír do asedio para pasar a campo de Durango. A través dunha xogada de touch maul de Vigo penétrase con balón dominado na zona de ensaio pero o árbitro non o vai claro polo que non convalida e determina loita. Prodúcense varias fases de ataque que non chegan a lograr o ensaio, ata que se produce un ruck situado baixo os paus, e un Arri inspirado decide intentar un drop que pasa entre os paus dando alegría e a tranquilidade aos de EDNON (3-12). Isto derruba anímicamente aos vascos con pouco máis por xogar e outro golpe a favor do EDNON que pon o marcador definitivo (3-15) co tempo case rematado.
Un triunfo merecido para un equipo que se ben cometeu moitas imprecisións no xogo de ataque, e lle custa moito ensaiar, recuperou unha bandeira do seu xogo característico que é o duro defensa. Con este resultado o EDNON Universidade pasa á 5ª posición á espera da disputa do próximo partido do 21 de febreiro contra o FC Barcelona, que será na casa.
Resumo de partido:
Resultado
Durango 3 - Vigo 15
Aliñación:
Iñaki Roman, Vicente Prieto e Nicolás Martínez, Mariano Berlande e José Mª Fernández, Iván Conti, Mauro González e Nicolás Gómez Ventura, Alberto Mera e Jon Arrizabalaga, Mariano Pereira, Alberto Campos, Carlos De Cabo, Javier Parga e Mauro Álvarez.
Cambios: Joaquín Maguna x Alberto Mera, Ignacio Lobón x Nicolás Ventura, Juan Rodríguez T x Iván Conti, Cristian Aniño x Mariano Pereira
Tamén estiveron no Banco: Juan Ch. Villar e Jon Iker Arraztoa
Os Puntos:
Vigo R. C (15): Golpes de castigo: (4) Mauro Álvarez, Drop: (1) Jon Arrizabalaga
Durango:(3): 1 Golpe de castigo
Resultados dos demais equipos:
Liga Galega Feminina: Universidade Vigo R.C. 0- Universidade de León 19- Campo de Lagoas Marcosende (CUVI)
-Primeira Rexional Galega: Fendetestas R.C. 14 - Universidade Vigo R.C. 11- Nemenzo-Berdia (Sigüeiro)
-Liga Galega Xuvenil: Zalaeta RC 36 - Universidade Vigo R.C. 15- Campo de Acea dá Ma (Culleredo)