Cabecera Vide

Derrota do Vigo Rugby

Xornada de vento, frío e barro no Lagoas Marcosende, onde o Ednon Universidade Vigo R.C., caeu derrotado co F.C. Barcelona por 13 a 8. Este resultado permitiulle ao equipo local obter o punto bonus, situación que lle axuda na loita pola permanencia na División de Honra B española.

O duro encontro mostrou ao equipo local concentrado e aguerrido, onde os seus dianteiros tiveron máis traballo ante un rival de nivel.

No primeiro tempo, foi Vigo quen abriu o marcador. AOS 16 minutos, no seu primeiro ataque claro, chegou aos 25 metros visitantes e logo dun golpe de castigo a 5 metros, José María Fernández penetrou a defensa rival para marcar o ensaio vigués.

Co 5 a 0 en contra, Barcelona volveu ao seu xogo de ataque, pero chocou coa férrea defensa local, tanto cos dianteiros coma cos seus tres cuartos.

Recén aos 31, e produto dun erro na liña, Andrés Martínez rompeu a liña de marca e conseguiu o empate parcial.

No complemento, o xogo non variou. O conxunto de Cataluña aproveitou o vento ao seu favor para acorralar a Vigo, e logo de varios intentos volveu marcar xa aos 50 minutos, Miguel Morán ingresou cos seus dianteiros dende un maul para marcar o segundo ensaio da visita.

Barcelona contou con varias ocasións nos pés de Camile Riu, pero recén aos 67 puido transformar un golpe de castigo e poñer o seu equipo 13 a 5 ao seu favor.

Vigo reaccionou e a falta de 2 minutos, Mauro Álvarez descontou cunha transformación, permitindo así o punto bonus e o resultado final de 8 a 13.

Un grande partido defensivo do equipo de Babini, que mostrou carácter e orde de cara ás 3 finais que lle quedan pola permanencia.

Con esta derrota e a vitoria de Getxo ante Durango por 24 a 13, o conxunto vigués caeu á 6ta colocación e espera na próxima xornada o líder Hernani.

Noutros resultados Hernani supero a Oviedo 13 a 3 e a Universidade de Barcelona a Eibar 29 a 13.

Resultado final: Ednon Universidade Vigo RC 8 - FC Barcelona 13

EDNON UNIVERSIDADE VIGO R.C.: Iñaki Román, Vicente Prieto, Nicolás Martínez; Mariano Berlande, José Mª Fernández; Iván Conti, Mauro González e Nicolás Gómez Ventura; Alberto Mera, Jon Arrizabalaga, Mariano Pereira, Alberto Campos, Carlos De Cabo, Javier Parga e Mauro Álvarez. Ingresou: Cristian Aniño. Adestrador: Aníbal Babini

F.C.BARCELONA: Ricard Cayuela, Steve Ben Said, Miguel Morán; Gorka Echeverría, Lucas Pialentini; Iván Gurriere, Ilija Djurdjevic e David Natsvlishbili; Camile Riu, Joshua Reynolds, Alejandro Lanaster, Burger Geldenhuys, Andrés Martínez, Maxime Barrios e Maxime Troduereon. Ingresaron: Damián Machado, Enril Monzonis, Carlos Gil, Giulio Lamana, Roger Saladich e Patrick Van Rompaey. Adestrador: Arturo Trensono

Resultado Equipo B

Pola súa parte o equipo B caeu no seu desprazamento a Coruña contra Zalaeta RC por 38 a 5 no seu encontro disputado por a Primeira Rexional Galega.