Cabecera Vide

O Ednon Universidade Vigo Rugby despide a tempada

Este sábado 10 de abril o Ednon Universidade Vigo Rugby xoga o seu último partido de liga da tempada en Lagoas Marcosende (CUVI) contra El Barcelona Universitari. Despois dun inicio de tempada complicado debido a un equipo curto en canto a número de xogadores, durante o tramo final o equipo recuperou a súa identidade no xogo gañando importantes partidos que lle permitiron, a falta dunha xornada, asegurar a permanencia nunha cada vez máis competitiva División de Honra B.

Se ben o partido contra o terceiro clasificado preséntase difícil, polo xogo que se vén demostrando ultimamente o partido será moi disputado coa posibilidade de obter unha vitoria e desa forma finalizar a tempada na quinta posición.

División de Honra B:
Ednon Universidade Vigo Rugby - BUC Barcelona - Sábado ás 17.00 h, en campo de Lagoas Marcosende - CUVI.

Liga Galega Cadete:
Torres e Carreira Universidade Vigo Rugby Club - CRAT Universidade Coruña - Sábado ás 11.30 h, en campo de Lagoas Marcosende - CUVI.

Escola de Rugby Infantil:
Sábado de 11.00 h a 13.00 h no campo do CUVI ou no Pavillón de Deportes do CUVI. Tamén como parte da actividade se verá o partido do equipo cadete.