vigo rugbyRematada coa permanencia a súa participación na División de Honra B, o Universidade de Vigo Ednon inicia a competición da Copa Xunta, o torneo galego que domina dende a tempada 2005/2006.

 

Hai mes e medio, os vigueses tiñan certos problemas clasificatorios, pero ofreceron á súa afección un final de liga espectacular e continuarán a tempada 2010/2011 na categoría de prata do rugby estatal, á que chegaron en 2004.

Agora, o club persegue o seu título número 12 da Copa Xunta, que gañou por vez primeira na tempada 1992/93. A Uvigo, que participa con dous equipos, o de División de Honra B e o de categoría rexional (1ª Territorial galega), ten aos dous xa en cuartos final. O B xoga este sábado nas Lagoas Marcosende (17:00 horas), e o A en Ourense.

 Copa Xunta 2010 (21.79 kB)