O Ednon Universidade Vigo Rugby derrota a Ourense RC por 97 a 3

Imprimir

Ednon Univeridade Vigo R.C. non tivo oposición no encontro disputado polos cuartos de final da Copa Xunta en Ourense. Nun accesible encontro, o equipo vigués impúxose con demasiada comodidade a Ourense R.C. por 97 a 3, marcando 14 ensaios. O conxunto visitante foi dono absoluto do balón e do xogo, e só cando se desorganizaba, deixaba de ingresar á zona de ensaio local.

No primeiro tempo, cun parcial de 45 a 0, os tantos foron chegando dende o segundo minuto de xogo. Nesta etapa, Mariano Berlande, Gonzalo Valencia, Ignacio Lobón, José María Fernández e Carlos de Cabo, en dúas ocasións, anotaron para a visita. Mauro Álvarez transformo cinco de eles e unha transformación por golpe de castigo, mentres que Joaquín Maguna Lago logrou a transformación dun. No complemento, o apertura local, marcou o únicos 3 tantos do seu equipo mediante un drop-goal aos 5 minutos de xogo.

Logo, Vigo volveu ser o único no campo, conseguindo unha maior distancia. Ignacio Lobón, Mauro Álvarez, en dúas ocasións, Anxo Varela, Joaquín Maguna Lago, Mariano Berlande, Javier Parga e Nicolás Gómez marcaron os ensaios vigueses. Joaquín Maguna Lago transformou seis ensaios para deixar o resultado final 97 a 3 a favor da visita. Un encontro que, finalmente, non serve para moito, só para a estatística. Anxo Varela e Carlos López Marqués debutaron no conxunto visitante. Cabe destacar a entrega dos locais, que a pesar de ter un resultado adverso, en ningún momento buscaron ensuciar o xogo, e nos momentos que puideron, buscaron ir cara a adiante sen ter en conta o resultado.

Na próxima xornada, o Ednon Universidade, esperará ao Coreti Lalin R.C. que superou sen maior dificultade a Fendetestas por 33 a 3.

Nos demais encontros, CRAT venceu a Vigo R.C. "B" por 43 a 3 e Zalaeta sorprendeu Ingleses R.C. superándoo 32 a 24.

EDNON UNIVERSIDADE VIGO R.C.:
Ignacio Lobón, Vicente Prieto, Juan Rodríguez; Mariano Berlande, José María Fernández; Javier Parga, Fernando Millara e Nicolás Gómez; Alberto Mera, Joaquín Maguna Lago, Gonzalo Valencia, Alberto Campos, Jon Arrizagalaba, Carlos De Cabo e Mauro Álvarez. Ingresaron: Anxo Varela, Carlos López Marqués e Xullo González. Adestrador: Aníbal Babini.

Os resultados do Vigo Rugby Club

Os outros equipos do club tiveron sorte dispar no que destaca a vitoria, demostrando a evolución durante a tempada, do equipo feminino que derrotou claramente ao Coreti Lalín RC. O equipo B fíxoo fronte ao CRAT, último campión nacional, e o equipo xuvenil caeu derrotado tamén contra CRAT xuvenil.

Copa Xunta Feminina: Coreti Lalín RC 12 - Universidade Vigo Rugby Club 42
Copa Xunta Juvenil: CRAT 27 - Universidade Vigo RC 0
Copa Xunta Senior: Universidade Vigo RC "B" 3 - CRAT 43