Os Halcones de Vigo, campións da Liga Xunta de Galicia de béisbol xuvenil

Imprimir

halconesjulio2010Esta vez tocoulle ao equipo xuvenil de Vigo proclamarse campión de liga ao derrotar esta fin de semana en Coruña ao equipo de Cambre.

Os Halcones xogaron en equipo e cunha destacada actuación do lanzador abridor Fran Bugallos quen mantivo o encontro empatado a catro carreiras ata a sexta entrada para logo darlle paso a José Cabral (Chanel) quen se adxudicou o xogo gañado e lanzou ata a novena entrada, ademais axudou á ofensiva cun home run de dúas anotacións para dar ánimo ao equipo.

Ademais cabe destacar a actuación ofensiva de Dieguito Torres que con par de inatrapables oportunos, en ambas as dúas ocasións desempatase o partido para poñer o equipo arriba no marcador e acender a festa. O resto do equipo estivo moi á altura para lograr a vitoria con lousa final de 12 anotacións por 7. Logo do partido veu a celebración dos vigueses e a entrega da copa que recibiu e levantou todo o equipo. Deste xeito a canteira de Halcones apúntase un campionato máis neste deporte.