Halcones de Vigo infantil, sólido campión do torneo 20 aniversario de Cambre béisbol e sófbol club

Imprimir

halconesinfantil375O pasado sábado 11 de setembro, celebrouse o torneo infantil de Sófbol con máquina de lanzar, Copa 20 Aniversario do Cambre Béisbol e Sófbol Club, onde o equipo de Halcones de Vigo se titulou campión indiscutible de torneo ao gañar os tres encontros que lles foron asignados, de forma moi sólida.

No primeiro encontro, os de Vigo enfrontáronse aos Indians; os Halcones mantivéronse sempre arriba no marcador, aínda cando Los Indians ameazaban por achegarse, pero a ofensiva vigués non deixou de facer o seu bo traballo, para que finalmente sentenciase o encontro con marcador de 12 anotacións por 8.

Para o segundo partido tocáballes xogar contra o equipo de casa que xa viña de gañar a primeira hora ao equipo de Los Indians. Os Halconesdesataron o seu poderío e demostrando unha impecable defensa, deron un recital de bo sófbol para así finalmente levar o lauro con anotación de 16 carreiras por 3.

Debido aos dous partidos gañados anteriormente, aos vigueses tocáballes xogar directamente a final contra o gañador de Indians vs. Cambre, partido que gañaron os de casa, e desta forma gañaron o dereito a estar na final contra Falcóns. Os de Vigo afinaron máis aínda o seu poderío ofensivo e defensivo, tomando o dominio do partido dende o comezo ata o final, demostrando o avance deportivo do club infantil. Finalmente o encontro culminou con anotación de 16 carreiras a 2, para así declararse campión de torneo.

Aínda que a actuación en xeral de todos os membros do equipo vigués foi á altura, cabe destacar que o premio MVP (Xogador máis valioso) levoullo á vitrina da súa casa o xogador Ángel Heras, grazas ao seu bo bateo e ademais da súa boa defensa demostrada no xardín central, capturando os batazos dos contrarios de forma limpa e con clase.

Todos os nenos que queiran participar, deberán en contacto co Club Halconesde Vigo por medio da páxina web www.halconesdevigo.com ou achegarse ao campo de béisbol As Plantas, situado en Bembrive vía o CUVI, os días martes e xoves ás 4:30 p.m.