Cabecera Vide

Presentado o novo adestrador dos Halcones de Vigo, o salmantino Manuel García

halconesmanuelgarciaA pasada fin de semana, aproveitando os dous partidos de exhibición do equipo senior, a directiva convocou ao novo adestrador que se encargará do devandito equipo en División de Honor, para que observase o material humano con que se conta e así dar as opinións ao respecto e realizar as fichaxes necesarias para a vindeira tempada.

Neste ano o novo adestrador non participou con ningún equipo, xa que preferiu collerse un ano sabático; no 2011 vén a encargarse do equipo vigués.

Resumo da súa traxectoria:

Nome: Manuel García Sagrado.
Lugar de Nacemento: Salamanca.
Actuación: empezou a xogar ao béisbol en 1959 co equipo Ateneo Salmantino de Cornellà de Llobregat, equipo filial do Picadeiro Damm, club do que posteriormente defendeu a súa camiseta. Ademais militou nas filas do C.B. Viladecans, do C.B.S. Sant Boi, Hércules Les Corts e do F.C. Barcelona. Primeiro xogador en entrar no Salón da Fama do Béisbol Español. Debutou no Equipo Nacional cando tiña só 14 anos de idade, gañando un Campionato de Europa sub-21. Proclamouse Campión de Copa de Europa de Clubes A en dúas ocasións e unha na serie B. 250 actuacións como internacional, coach da Selección Nacional Senior, 22 veces Campeón Nacional co Viladecans, 16 veces Campeón na Copa do Rei.

Así que o teremos na nosa cidade dende o principio da tempada 2011. Mentres tanto estará ao mando o manager interino Harry Salas, quen se encargou tanto do equipo senior como as categorías menores dende que se fixo efectiva a baixa de Diego Torres como adestrador.