Cabecera Vide

Frutífera fin de semana para os Halcones de Vigo

375halconesdevigo.outubro2010A pasada fin de semana levou a cabo entre sábado e domingo catro partidos, dous deles correspondentes á Copa Cidade de Vigo Infantil e dous máis correspondían a encontros de exhibición da categoría Senior.

O sábado ás 11:00 da mañá o equipo infantil de Vigo recibiu o novo equipo de Indians de Arteixo, este partido comezou moi parello xa que os Indians demostraban ser bos contrincantes e os experimentados rapaces de Halcones non atopaban a forma de descifrar os lanzamentos do pitcher de Arteixo. Pero finalmente os rapaces axustaron a súa ofensiva e mostrando un bateo imparable e unha defensiva pulcra, remataron o partido con lousa de 10 carreiras por 3.

Despois dun descanso e un refrixerio merecido aos rapaces, xogouse o segundo partido. Neste encontro predominou a experiencia dos rapaces de Vigo, xa que estiveron sempre por enriba no marcador, aínda que ao final afrouxaron un pouco e os Indians puideron achegarse perigosamente, pero a diferenza era ampla para que finalmente os Halcones se proclamasen campións da Copa con lousa de 12 por 7. Parabén ao novo equipo de Arteixo que aínda que non puideron gañar, demostraron que van ser un equipo difícil de vencer nesta categoría.

Ao finalizar o encontro procedeuse á entrega de premios a todos os rapaces que participaron, xa que houbo trofeos para o primeiro e segundo lugar e ademais medallas para todos, detalle que está moi bo porque todos levan un premio á súa casa aínda que se perdera, polo tanto os rapaces vanse contentos por participar.

Pola tarde ao equipo Senior tocoulle recibir ao Cambre Béisbol Club. Os de Vigo puideron gañar grazas aos efectivos lanzamentos do abridor José Pimentel, a unha efectiva defensa e unha oportuna ofensiva; aínda que comezaron abaixo no marcador con 2 anotacións sen recibir "indiscutible" algún, Pimentel puido dominar e finalmente saír airoso. Nas dúas últimas entradas, o manager Harry Salas deulle a responsabilidade ao novo lanzador italiano Ricardo Burgazzi para que se encargase do final do encontro. Aínda que se meteu en problemas na última entrada permitindo 3 carreiras, puido finalmente sacar os "outs" correspondentes para adxudicarse o xogo salvado con lousa de 9 carreiras por 5.

O domingo os Leones de Santiago trasladáronse ao niño de os Halcones a enfrontarse ao equipo vigués. Neste partido Os Halcones xogaron máis relaxados e a ofensiva xogou un papel importante sen quitalo méritos á defensa e aos efectivos lanzamentos do abridor José Cabral que solo recibiu 1 sinxelo, e do cerrador Félix Mercedes. Finalmente o encontro culminou 17 carreiras por 3 a favor do equipo de casa. Foi un partido apropiado para dar oportunidade a todos os xogadores novos e así demostrasen as súas habilidades.

Desta forma os Halcones de Vigo pecharon a fin de semana con 1000 de average, xa que de 4 encontros, os gañaron todos.