Cabecera Vide

Halcones de Vigo, campión do torneo "Cidade de Villagarcía"

375halconesNo día de onte celebrouse o acostumado torneo de béisbol senior "Cidade de Villagarcía" enfrontándose na final o equipo de casa Tigres de Arousa contra os Halcones de Vigo.

Esta vez o adestrador Harry Salas levou a este torneo á maioría dos xogadores xuvenís e a só dous da máxima categoría, pero aínda así os Halcones foron superiores aos Tigres, xa que gañaron o partido final 19 carreiras a 4, demostrando a calidade das novas promesas do equipo.

Cabe destacar a actuación dos lanzadores José Cabral e Ronny Materano que dominaron completamente a ofensiva de Arosa; estes lanzadores levaron o premio dos xogadores máis valiosos do torneo cun trofeo para cada un, xa que aparte de facer un bo traballo como lanzadores, foron determinantes na ofensiva, sen menos prezar a forma como xogaron o resto do equipo.