Cabecera Vide

Halcones de Vigo segue na ruta gañadora

374santiago cadetes y juvenilesO pasado sábado, os cadetes e xuvenís dos Halcones de Vigo, trasladáronse á cidade de Santiago de Compostela a xogar un torneo organizado polo equipo de Los Leones de Santiago.

Cun día espectacular pero cun frío de 4 graos centígrados levouse a cabo o devandito torneo coa participación de tres equipos, Los Indians de Arteixo, Halcones de Vigo e os anfitrions Leones de Santiago.

A primeira hora xogaron Los Leones contra Los Indians, gañando Los Indians con amplo marcador; a segunda hora enfrontáronse Los Indians contra Los Halcones. Os de Vigo dominaron o partido dende principio a fin grazas á súa boa ofensiva e os envíos acertados do seu lanzador zurdo Andrés Fernández; o partido culminou 16 carreiras por 3.

Á terceira aos vigueses tocoulles enfrontarse a Los Leones de Santiago. Este partido tornouse moi parello xa que ambos os dous equipos estiveron a alternarse o mando do marcador. Aínda que os lanzamentos dos pitchers de Los Halcones non estaban moi acertados, a ofensiva se encargou de sacar a cara e finalmente puideron dominar cun lousa de 12 carreiras por 6. Cabe destacar de novo a actuación de Andrés Fernández como lanzador, xa que tivo que volver encargarse do montículo e sacar os outs oportunos para manter a raia a ofensiva felina.

Deste xeito Los Halcones de Vigo decláranse Campións unha vez máis nestes torneos galegos, que están ben organizados en pro deste deporte e que espera que haxan máis para que estes rapaces teñan máis accións deportivas e se unan máis equipos a estes eventos.