Halcones de Vigo, campións en alevín e subcampións infantís de Galicia na liga xogade de sofbol indoor

Imprimir

374sam_1486Esta fin de semana celebrouse a final galega da Liga Xogade de sofbol indoor nas categorías alevín e infantil.

O sábado a final Alevín disputouse en Vigo na sede do Instituto Municipal dos Deportes en Travesas entre Halcones de Vigo e Wenceslao Flores de Coruña. Esta final xogou dous partidos entre ambos os dous equipos.

No primeiro deles impúxose o equipo de casa con anotación de 16 carreiras a 4; no segundo encontro volveron dominar os Halcones pero esta vez 17 carreiras a 7. Polo tanto Vigo declarouse campión indiscutible de Galicia nesta categoría. Unha vez finalizado ambos os dous encontros procedeuse á entrega de medallas e trofeos da Liga Provincial de Pontevedra e a Liga Galega, levando as máximas honras o equipo de Vigo.

O domingo a final infantil foi trasladada a Arteixo. A primeira hora disputouse o cuarto e tercer clasificado entre Los Indians de Arteixo e Cardenales de Galicia, gañando os Indians con lousa de 20 carreiras a 8. Ao finalizar este encontro comezouse a disputar a final entre o equipo Halcones de Vigo e Béisbol Cambre. O partido estivo moi parello dende principio a fin, digno dunha final, tanto foi así que dende o inicio ata o final, ambos os dous equipos tiñan a oportunidade de gañar, pero esta vez a sorte non estivo de parte de Vigo, e finalmente gañaron os rapaces de Cambre nun bo partido de Sófbol con score de 15 carreiras a 10. Felicitacións a ambos os dous equipos polo bo espectáculo ofrecido a todos os que se deron cita nesta final. Unha vez culminado o encontro, procedeuse á premiación correspondente a esta categoría.

O convite é para o próximo domingo 20 de Febreiro en Cambre (Os Campos Cambre) onde se disputará a final desta liga na categoría Cadetes, onde o equipo Halcones de Vigo se enfrontará ao Club de Béisbol Cambre a partir das 13:00 horas.