Os Halcones subcampions de Galicia na liga xogade de sófbol indoor cadetes

Imprimir

374halcones21.2.11O pasado domingo 20 celebrouse a final da Liga Xogade de Sófbol Indoor na categoría cadetes enfrentáronse os Halcones de Vigo, campións de Pontevedra, contra Béisbol Cambre, campións de Coruña.

Aínda que o equipo de Cambre comezou dominando o partido anotando 15 carreiras na mesma primeira entrada, o equipo de Vigo foi remontando pouco a pouco o marcador, e o partido tornouse moi emocionante porque ambos os dous equipos xogaron moi ben a partir da segunda entrada. Finalmente o equipo coruñés gañou o partido por diferenza dunha carreira, con marcador de 18 carreiras a 17, nun encontro non apto para cardíacos, o público que se fixo presente presenciou un partido emocionante, que ao finalizar os aplausos para ambos os dous equipos foi inevitable.

Logo procedeuse á entrega de premios a todos os equipos que xogaron a final, quedando a táboa de posicións do seguinte xeito:

1) Béisbol Cambre (Coruña)
2) Halcones de Vigo (Pontevedra)
3) Béisbol Cambre Feminino (Coruña)
4) Cardeais de Galicia (Vigo)