Halcones de Vigo perde os seus dous compromisos en Valencia, pero a canteira saca a cara ao gañar todos os seus partidos

Imprimir

374halconesmarzovalencia2011A pasada fin de semana o equipo vigués viaxou a Valencia para enfrontarse aos Astros e así cumprir co calendario no partido de ida.

O primeiro encontro foi moi parello para ambos os dous clubs xa que culminou 2 carreiras por 1 a favor dos valencianos, foi un verdadeiro do de lanzadores. Ata a última entrada había empate a 1 carreira por lados, pero no peche da novena, os Astros anotaron 1 para sentenciar o final do partido.

No segundo encontro, a diferenza foi un pouco máis folgada, pero non deixou de ser un partido parello e que aínda que os Halcones abriron o marcador con dúas anotacións, os valencianos igualaron a contenda nesta primeira entrada. No terceiro inning o partido estaba empatado a 3 anotacións, pero na cuarta e na quinta os Astros anotaron 3 e 4 carreiras respectivamente para ampliar o marcador, non obstante na última entrada os vigueses non se daban por vencidos e puideron anotar 3 carreiras, pero xa era tarde. O partido culminou 10 carreiras por 6 a favor dos Astros de Valencia.

Unha vez máis Alejandro Morillo brillou á ofensiva por parte dos Halcones.

Con respecto á Liga Xogade, os Halcones tiveron fin de semana perfecta, xa que os Alevín gañaron os seus dous encontros a os Cardenales de Galicia 16 a 3 e 15 a 10. Os Infantís tamén gañaron ambos os dous partidos 12 a 2 e 15 a 5. Finalmente os Cadetes tamén deron parte aos Cardeais 18 a 3 e 16 a 1. Deste xeito os Halcones clasifícanse en todas as súas categorías na Liga Xogade para disputar a Final cos campións de Coruña.