Halcones dividen en Pamplona en división de honra e os cadetes son campións da xogade

Imprimir

374dsc01494O equipo grande dividiu honras co Pamplona en territorio Navarro. No primeiro partido os vigueses non tiveron moitos problemas para dobregar a ofensiva pamplonesa cun bo traballo do lanzador venezolano José Ángel Navas quen cubriu as nove entradas sen permitir anotación ningunha; neste partido cabe destacar a ofensiva do xogador Marco Márquez quen unha vez máis deu un homerun para axudar ao equipo quedar coa vitoria con lousa de 5 carreiras por 0.

No segundo encontro a sorte non estivo de parte dos Halcones, xa que esta vez foron derrotados 5 carreiras a 2; aínda que o partido foi bastante parello, a ofensiva non puido ligar os batazos oportunos para poder traerse os dous encontros gañados á casa. O xogador Marco Márquez volveu despachar outro cuadrangular, para así quedar co xogador máis valioso da fin de semana para Los Halcones de Vigo, xunto co lanzador José Ángel Navas, quen conseguiu unha vitoria máis para o seu record.

Por outro lado esta fin de semana finalizou a Liga Xogade de Béisbol Menor, con bos números para a canteira de Halcones de Vigo, xa que o equipo Cadete foi o campión indiscutible logrando unha contundente vitoria de 24 carreiras a 7 contra o equipo de Béisbol Cambre de Coruña. O lanzador Diego Rodríguez, encargouse de traballar ben os bateadores coruñeses para conseguir a vitoria do equipo vigués, axudado pola boa defensa Halcón.

Desta forma a canteira de Halcones de Vigo, culminou a Liga Xogade do seguinte xeito:
Alevín: Campión.
Infantil: Sub Campión.
Cadetes: Campión.