A pasada fin de semana, Los Halcones de Vigo na División de Honra, volveron perder na casa, ambos os dous partidos, esta vez foi contra o Sant Boi de Barcelona.
O sábado a pesar de que unha vez máis o lanzador venezolano José Ángel Navas, volveu lanzar un bo partido, este non foi apoiado pola ofensiva, xa que non puideron anotar ningunha carreira a favor da causa vigués. O partido estivo moi emocionante xa que se xogou un bo béisbol, se mantivo o marcador empatado ata a quinta entrada e se viron moi boas xogadas, ademais de que os lanzadores de ambos os dous equipos estiveron moi á altura profesional. O encontro culminou 2 carreiras a 0, a favor dos cataláns.
O domingo, tampouco a sorte acompañou os Halcones, xa que volveron caer por segunda vez, pero esta vez 18 carreiras a 3. Ata a sétima entrada, o partido mantívose vivo, a lousa marcaba 6 carreiras a 2, pero na oitava e novena os lanzadores vigueses non puideron conter a ofensiva catalá e fixéronlles 5 e 7 carreiras respectivamente. Os Halconess na última oportunidade ao bate, só puideron fabricar unha soa carreira.
Os Halcones de Vigo, seguen buscando a fórmula para afiar a ofensiva, xa que foi a clave de perder tantos partidos. Non obstante seguirán traballando duro para poder saír da zona do descenso.