Béisbol. Copa de Vigo

Imprimir

100bateadorcopyEsta fin de semana desenvolveuse, a pesar das condicións climatolóxicas, a versión 2009 da Copa de Vigo.   Os equipos participantes foron o equipo luso White Sharks, os coruñenses Béisbol Cambre, os orensanos Tigres de Arousa e os Halcones de Vigo.

Debido ás numerosas interrupcións climatolóxicas os partidos víronse reducidos de 9 entradas a 7 ou dúas horas de duración.

O sábado clasificáronse para a final Halcones de Vigo e Beisbol Cambre.   Á súa vez White Sharks e os Tigres de Arousa disputáronse o 3º posto nun partido moi emocionante que se viu detido en varias ocasións pola intensa néboa que cubriu o campo.   O partido que se atopaba empatado no 4º e se decidiu no 5º dándolle a vitoria aos orensanos 6 carreiras por catro.

O final, entre Halcones e Cambre comezou ás 15:00 e xogaron 6 entradas completas saíndo Vitorioso o equipo Halcones de Vigo 8 carreiras por 3.

O adestrador Diego Torres manifestou a súa satisfacción pola vitoria sobre todo por facer gala de xogadores propios da canteira que deixaron as categorías base para unirse aos seniors como reforzos moi capaces e con moitas ganas de gañar poder xogar na división de honra nun futuro, que talvez non estea tan afastado.