O Halcones busca novo presidente

Imprimir

A renuncia de Manuel López abriu proceso electoral no Halcones de Vigo, da División de Honra de béisbol. O pasado luns 26 de outubro de 2009, celebrouse unha asemblea extraordinaria da directiva en función na que se constituíu a mesa electoral para iniciar o proceso electoral que determinará o novo presidente.

Segundo indican os estatutos do club, todos os socios que se atopen ao día nas súas cotas anuais teñen dereito a presentarse como candidatos e de votar para elixir novo presidente.
Considerando o antes exposto notifícase a todos os socios que a mesa está constituída por Francisco Núñez como presidente, Jaime Sabates como vogal e Leopoldo González como secretario.

Ao redor de medio cento de socios teñen dereito a voto. O proceso de votación levarase a cabo no campo de Bembrive o día e a hora sinalada no calendario electoral, que é o seguinte:


Calendario

29/10/09. Comeza o prazo de presentación de candidaturas

30/10/09. Derradeiro día de presentación de candidaturas

01/11/09. Comeza o prazo para a presentación de recursos e reclamacións

03/11/09. Fin do prazo de presentación de Recursos e reclamos

04/11/09. Resolución de recursos e reclamacións

05/11/09. Inicio campaña electoral

06/11/09. Fin campaña electoral

07/11/09. Xornada de reflexión

08/11/09. Votación de 11:00 a 13:00