Cabecera Vide

Cara e cruz para o Halcones no seu desprazamento a Córdoba

halcones_maio_2013O Halcones logra unha vitoria e unha derrota no dobre partido do que mantivo esta fin de semana contra o Club de Béisbol Benameji. O sábado, os vigueses impuxéronse aos cordobeses por 12 a 1 cun grande partido lanzado polo pitcher local, Jose Delio Cabral, que atou as mans aos visitantes en traballo de sete entradas permitindo apenas unha carreira. O equipo ao completo destacou na ofensiva, conectando 14 hits.

O primeiro partido foi totalmente distinto, e a pesar de que os Halcones tomaron vantaxe na segunda e terceira entrada ao poñerse tres a cero, os visitantes déronlle a volta ao partido na cuarta entrada cun triplo, estando as bases cheas, que lle permitiu empatar o encontro, vantaxe que se foi ampliando ata o definitivo 7 a 3 para os cordobeses.