Cabecera Vide

María Isabel Villar, nova presidenta do Halcones de Vigo

Dende o pasado domingo o Halcones de Vigo, club de béisbol da máxima categoría estatal, ten novo presidente. Trala marcha de Manuel López abriuse un proceso electoral que nin tan sequera necesitou da xornada de votación.

A mesa electoral recibiu en tempo e forma a candidatura da socia María Isabel Villar de Dios. Ademais, sendo esa a única candidatura presentada e que non existiu ningunha reclamación respecto diso, a mesa electoral presidida por Francisco Núñez procedeu a validar a candidatura e a nomear presidenta dos Halcones de Vigo a partir do domingo 8 de novembro a Villar de Dios.