Volve a acción co Torneo de béisbol senior Cidade de Vigo

Imprimir

cartel_torneoEste domingo, día 1 de decembro, disputarase o acostumado torneo anual de béisbol Cidade de Vigo na súa novena edición, organizado polo Club de Béisbol Halcones de Vigo. Esta vez están invitados dous equipos máis o local, ditos equipos son: Leones de Santiago e Druídas BC.

Os encontros xogaranse no estadio de béisbol de As Plantas, Bembrive - Vigo (Vía o CUVI). Levaranse a cabo dous partidos, o primeiro entre Leones de Santiago e Halcones de Vigo, ás 11:00 am e a continuación o gañador enfrontarase a Druídas BC.

Unha vez culminado o encontro procederase á premiación correspondente.

Estamos todos invitados a presenciar este torneo para poder gozar unha vez máis deste deporte, ademais de pasar un día especial no estadio que contará co quiosco de venda de comidas para todos os gustos.