Cabecera Vide

Os Halcones de béisbol, subcampions do IX Torneo Cidade de Vigo

Cun bo ambiente e grande cantidade de público, levouse a cabo o pasado domingo 1, o noveno Torneo de béisbol senior "Cidade de Vigo" de béisbol. A primeira hora enfrontáronse os anfitrions, Halcones de Vigo, contra Los Leones de Santiago. Este partido foi dominado completamente polos de casa, guiados polos envíos do noso lanzador xuvenil Andrés Fernández quen actuou durante as nove entradas, o partido culminou 10 anotacións por 4 a favor de Halcones.

O segundo partido foi bastante igualado, un magnifico do entre os Halcones e o Club Druídas, os vigueses comezaron con moito ímpeto e puxéronse por diante na segunda entrada, o Druídas chegou a empatar o encontro na sétima entrada, ambos os dous equipos reaccionaron e tras tres entradas completas o marcador reflectía un empate de 10 carreiras a 10, que tivo que chegar ata a décima primeira entrada para decidir o gañador do encontro que ao final foi o Club Druídas, por un resultado de 16 carreiras a 10.

O positivo para o noso equipo foi o bo nivel xeral mostrado, en ningún momento se entregaron os homes de Juan Rodríguez obrigando o Club Druídas a non se relaxar. Outro dato destacable é o picheo. Juan Rodríguez utilizou a 2 lanzadores no encontro, os dous moi novos, José Delio Cabral lanzou ata a sexta entrada e foi relevado por Ronald Caracas.