O Halcones de Vigo a un paso do segundo posto no Torneo Nadal infantil de béisbol

Imprimir

halcones_santiagoEmocionante torneo o disputado a pasada fin de semana polos Halcones de Vigo en Santiago. Organizado polo Club  Os Tilos, a primeira edición do Torneo de Nadal infantil tivo como vencedor ao Cambre. O equipo gañador foi superior en ambos os dous partidos, as 4 carreiras do equipo vigués non abondaron para as 17 marcadas por eles, as súas vitorias foron ben merecidas.  

Non obstante, o amargo sabor da derrota queda solapado ante o grande desempeño mostrado polos Halcones contra Os Tilos, onde na quinta entrada o marcador estaba empatado a 11, definíndose o encontro no último inning, no cal, o equipo santiagués marcou 4 carreiras para levar consigo o segundo posto.

É importante destacar o grande labor do incipiente conxunto da nosa cidade, ao enfrontarse con gran coraxe e determinación ao equipo que en días pasados lle gañou por moita máis vantaxe. Sendo este o broche de ouro dun apaixonante e ameno día beisbolístico, onde pais e fillos pasaron un domingo diferente, super agradable e altamente emocionante, aínda que algo friolento.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigues polos seus éxitos conseguidos e o traballo realizado a favor do deporte local.