Derrota do Halcones na terceira xornada da Copa Galega de béisbol

Imprimir

halcones_cambreOs Halcones de Vigo enfrontáronse o pasado domingo ao Cambres de A Coruña nun encontro tan disputado que se decidiu todo na última entrada, onde o equipo coruñés remontou no noveno inning para levarse unha vitoria sumamente disputada dende o inicio do xogo.

Os Halcones comezaron gañando por catro carreiras que, posteriormente souberon manter ata a oitava entrada, cando o equipo visitante empatou a sete carreiras. Non obstante, na parte baixa do mesmo inning, os vigueses puxéronse arriba ao marcador por unha mínima diferenza que non lles serviu para gañar o encontro debido ás dúas carreiras conseguidas polos da Coruña, quedando ao final 8 a 9.

Vale a pena recoñecer en boa medida o enorme entusiasmo mostrado por ambos os dous equipos no Campo de As Plantas de Vigo, debido ás condicións meteorolóxicas tan adversas, as cales, víronse sometidos ambos os dous equipos. En especial, unha grande ovación ao equipo visitante pola súa vontade de aceiro que, serviulles para manter a actitude e remontar dúas veces o marcador.