Cabecera Vide

Vitoria dos Halcones en Madrid

halcones_rivasDespois dun partido formidable de José Cabral (Channel) tanto á defensiva coma á ofensiva, os Halcones de Vigo venceron por un marcador de 7 carreiras 2 ao equipo madrileño de Rivas CBS. Na segunda xornada da Liga Nacional da Primeira División de Béisbol Senior, os vigueses recibiron ao equipo madrileño con gran tenacidade.

Aínda que no primeiro partido houbo algúns tropezos que provocaron a vitoria do equipo visitante, vale resaltar a labor do abridor, Andrés Fernández, que mantivo a raia á grande aliñación por case 5 innings, deixando só un marcador en contra de 8 carreiras por 6. Lamentablemente, os de Rivas batearon con contundencia e gañaron o primeiro encontro por nocaut na sétima entrada cun marcador favorable de 18 a 8.

Non obstante, despois do descanso, los Halcones despregáronse con todos os ferros. Grazas ao impecable labor do pitcher José Cabral (Channel) que permitiu unicamente 2 carreiras dos madrileños e que, á súa vez, respondeu co madeiro para impulsar 4 das 7 carreiras necesarias para levarse o triunfo do encontro.

Cabe resaltar que ambos os dous xogadores son da canteira do equipo. Merecendo un recoñecemento especial o xogador Fernández, porque está a debutar como Senior.

Con estes resultados, dende o Club animan a todas as persoas que desexen seguir en sintonía esta grande paixón que só está a comezar e, que continúa a seguinte fin de semana en Córdoba!