Dobre vitoria do Halcones de béisbol

Imprimir

halcones_sevillaO pasado sábado disputouse a cuarta xornada da Liga Nacional da Primeira División de Béisbol Senior, onde o equipo de Sevilla visitou os Halcones de Vigo. A pesar do esforzo, o equipo visitante non puido superar a grande defensiva de Los Halcones, con en especial recoñecemento, aos lanzadores de ambos os dous xogos que se mantiveron imbatibles ata o final.

Fabián Encarnación, foi a nova adquisición do equipo vigués, traído dende La Coruña, demostrou a súa gran habilidade tanto no infield como lanzador. Foi o abridor no primeiro encontro e mantivo raia ao equipo sevillano polas 9 entradas do encontro, quedando un marcador final de 7 carreiras a 4. O seu labor á ofensiva tamén foi de suma importancia para ampliar a diferenza do resultado final.

José Delio Cabral, alcume "Chanel", foi peza clave no segundo partido. Unha vez máis este áxil canterano marcou a pauta para a segunda vitoria do día, permitindo unicamente unha soa carreira para conseguir un marcador final de 3 carreiras a 1.

A seguinte cita do equipo vigués será a fin de semana onde Los Halcones se desprazan ata a capital madrileña para seguir coa súa sorte de vitorias.