Cabecera Vide

Os Halcones de Vigo, subcampiones da Primeira División de béisbol senior

Despois dunha frutífera xornada aínda que cun clima adverso, especialmente nos inicios do segundo encontro, os Halcones mostraron o seu poderío e se alzaron coas dúas vitorias necesarias para conseguir o subcampionato da Primeira División de Béisbol Senior.

Este sábado 21 de xuño, disputouse a 6ª e última Xornada da Liga Nacional da Primeira División de Béisbol Senior de España, onde os vigueses recibían ao equipo cordobés de CD Benamejí, para disputar practicamente os encontros que ían determinar o equipo que chegaría a ser o subcampión da Liga. Benamejí necesitaba soamente unha vitoria para lograr o obxectivo e os Halcones precisaban de ambas as dúas. Así que o entusiasmo e as ganas permanecían ao vermello vivo, inning a inning, out a out ata lograr a cobizada meta.

Ante todo, un grande recoñecemento a todos os membros do club, ben sexa, xogadores, adestradores, colaboradores, así como á xunta directiva que achegaron o seu gran de area para alcanzar grandes recompensas. En especial atención, a todos os xogadores, que deron o mellor de si, encontro tras encontro para demostrar do que son capaces.

En canto á Xornada, cabe destacar tanto á grande ofensiva que explotou no primeiro encontro, como á imbatible defensa que mantivo a raia ao equipo visitante. Un dos xogadores do encontro foi Rafael Marte, debido á súa grande participación co madeiro e ¡ sen poder pasar por alto o seu Grand Slam, que meteu practicamente o encontro dentro dos petos da casa.

A nivel defensivo, subliñar o pitcheo, onde ambos os dous lanzadores culminaron os encontros cun marcador moi favorable. Fabián Encarnación foi o líder do primeiro xogo, permitindo unicamente 5 carreiras nos 7 innings de xogo, fronte ás 19 carreiras dos Halcones. A súa vez, o segundo partido foi do canterano Andrés Fernández, limitando só a 2 impulsadas do equipo cordobés fronte ás 9 do Home Club.