Halcones debuta este sábado na Liga Open de Sofbol feminina

Imprimir

equipo_sofbol_femeninoXa se deu a coñecer o calendario da liga galega open de sofbol 2014 e o equipo feminino de sofbol de Halcones debutará este sábado, 6 de setembro, nun dobre enfrontamento ante o Lume (Lugo) e Cambre (Coruña). Os partidos disputásense no Campo de O Ceao de Lugo a partir das 10:00 da mañá.

Este ano, o Halcones conta cun equipo moi novo e coa axuda dos adestradores Marcos Luis, Andrés Fernández, José Cabral e Rafael Marte, ambiciónase quedar entre os primeiros postos. Para esta tempada é un proxecto sumamente ambicioso, preparar ben ao equipo feminino, para poder competir ao máximo nivel. Pero para poder lograr todo isto, hai que traballar moi duro; ademais de que a parte económica é peza fundamental, para lograr outros obxectivos nun futuro. O equipo vai con ánimo de facer un bo papel, divertirse, compartir o xogo en equipo e tratar de estar entre os primeiros.