Dobre derrota das rapazas do Halcones de béisbol

Imprimir

halcones_1O equipo sénior feminino de sofbol non puido conseguir gañar ningún encontro nos seus partidos inaugurais da pasada fin de semana. Para as rapazas do Halcones de Béisbol foi unha grande experiencia, xa que era o seu debut neste deporte. O primeiro encontro do día custoulles un pouco entrar en xogo e perdeuse por un resultado de 16 a 0 contra o equipo de Lume.

Xa no segundo encontro xogaron moito mellor e aguantaron o tipo ata a quinta entrada, permitindo á lanzadora Carla, unha carreira por ining, o resultado final foi de 11 a 0, contra Béisbol Cambre.

Cabe destacar o labor de todas as xogadoras pero as máis destacadas á ofensiva foron Gemma e Ángela, e á defensiva á xogadora Carla, que ademais lanzo os dous encontros.