halconesEste venres 26, os Halcones de Vigo na súa categoría cadete, trasladaranse na madrugada á cidade de Valencia para disputar o Campionato de España de Béisbol de Clubes. O equipo vai con ánimo de facer un bo papel e estar entre os primeiros de España na súa categoría.

O labor é duro pero o corpo técnico encabezado por Juan Rodríguez, Fermín Quintana e Max Contreras, prepararon ben os rapaces para tratar de gañar todos os encontros. O primeiro encontro, despois de viaxar toda a noite, xogarase ese mesmo día ás 15 h contra o Sevilla Red Sox, ao culminar o partido os rapaces trasladaranse ao Hotel para descansar despois dunha longa xornada, para preparar o seguinte encontro que xogará o sábado a primeira hora da mañá contra o equipo de Club Béisbol Viladecans.

A Delegación dos Halcones está composta polos seguintes atletas: Xogadores: Ruben Álvarez, Raúl Bugallo, Leopoldo Rodríguez, Santiago Alonso García, Daniel Alonso de Juan, Saul Valdés, Diego Valdés, Samuel Ramil, Dairon Veliz, Yeray Brocos, Tome Cuntín, José Alejandro de Jesús. Técnicos: Juan Rodríguez, Fermín Quintana, Max Contreras, María Villar e Secundino Bugallo.

O Club mantén aberto o prazo de inscrición para nenos/ás a partir dos 6 anos de idade, e invítavos a poñervos en contacto co nº de tlf. 647 796 249, ou a través da nosa páxina we:www.halconesdevigo.com.