Esta fin de semana, o equipo senior feminino de sofbol dos Halcones de Vigo, viaxa a Lugo, para disputar a terceira xornada da Liga galega open de sofbol feminino, contra os equipos de Beisbol Cambre, e Lume de Lugo.

O equipo segue coa súa preparación habitual pero con máis ganas, para mellorar os resultados da primeira xornada. Estas xogarán co mesmo entusiasmo, pero cunha dura misión de enfrontarse aos seus fortes rivais que levan moito tempo xogando a este deporte. Enxérgase unha boa asistencia e emocións.