Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

halcones cadetesO equipo cadete dos Halcones de Vigo, alzáronse co segundo posto do Campionato Galego de Béisbol disputado a pasada fin de semana en Lugo, contra os equipos de Os Tilos de Santiago e Lume B.C. de Lugo.

Os partidos se celebrarón no Complexo Deportivo do Polígono Industrial do Ceao ante unha numerosa e entusiasta público. Foi unha verdadeira festa beisbolera onde pais, adestradores, árbitros e os propios cadetes, gozaron de grandes atrapadas, atrevidos corridos de bases e algunha que outra lagrima derramada ante os erros cometidos, demostrando o amor propio conque estes nenos xogan ao Rei dos Deportes.

O primeiro partido ante o Club de Os Tilos, disputado ás 13:30 horas culminou por un resultado en contra de 9 carreiras a 2. O equipo de Os Tilos soubo impoñerse con claridade aos nosos pupilos conectando varios hits durante o encontro, ata poder facerse coa vitoria, e así obter o primeiro posto no Campionato, xa que antes gañaran o seu primeiro xogo ante os de Lume.

No segundo encontro os rapaces dos Halcones viviron un partido emocionante ata o último ining, xa que ambos os dous equipos loitaron ata o final para obter o segundo posto do campionato grazas á grande ofensiva, onde sobresaíron entre outros Leopoldo Rodríguez e Raúl Bugallo con 2 hits cada un.

O line-up abridor para este xogo foi o seguinte: Daniel Alonso (p), Iann graciano(1B), Raúl Bugallo (3b), Leopoldo Rodríguez (ss), Adrián González (2b), Brais Ortega (lf), Raúl López (cf) Anxo Álvarez (c), Santiago Alonso (rf). O resultado final foi de 17 carreiras a 16 a favor de Halcones.