halconesEste sábado 16 de maio, a partir das 13:00 h, os Halcones de Vigo enfrontarse ao Llano de Asturias, no Campo de As Plantas, en Bembrive. Este partido corresponde á novena xornada. O club vigués quere seguir sumando vitorias, despois de conseguir catro consecutivas.

Prevese un do igualado, xa que os asturianos intentarán levar o triunfo do encontro e así seguir sumando puntos. Para estes partidos, o club pide o máximo apoio dos afeccionados e invita a acudir ao campo a todos os seus simpatizantes, incluídos aqueles que aínda non coñecen este deporte, xa que é unha boa oportunidade para ver un partido de béisbol de categoría nacional.