halconesO Halcones de Vigo continúa nas primeiras posicións, do grupo noroeste da liga nacional de béisbol, a pesar de perder ante El Llano por 15-0 a pasada fin de semana. Un conxunto de infortunios derivados da avaría dun dos coches que transportaba aos xogadores, fixo que os locais, os mais destacados en partidos anteriores, perdéronse o encontro e tiveron que moverse o resto dos xogadores en posicións que non eran as súas. Esta semana ao club vigués tócalle xornada de descanso.