Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

halcones juniorTres xogadores da canteira de Halcones de béisbol, equipo adherido ao programa Siareiros  elite de VIDE, foron convocados polos seleccionadores galegos Francisco Bugallo e Juan Rodríguez (xogadores e técnicos do club Halcones), para disputar o Campionato de España de béisbol senior league, de seleccións autonómicas, que se disputará en Valencia entre os dias 12 e 15 de maio.

Os xogadores convocados son Iván Fernández, Daniel Alonso e Raúl Bugallo, os cales representarán con orgullo e poutas a selección galega.

Parabéns do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández.