Halcones de Vigo cae por partida dobre en Barcelona

Imprimir

Esta fin de semana, Los Halcones de Vigo viaxaron a Barcelona para enfrontar os dous partidos correspondentes á novena xornada do calendario da máxima categoría do béisbol español. Esta vez a sorte non estivo de parte dos rapaces, xa que caeron derrotados nos dous encontros.

O primeiro partido levou a cabo o día sábado 24; os de Vigo comezaron con moito ánimo e confianza dende o inicio do partido, tanto foi así que picaron adiante na terceira entrada cunha carreira, produto dun sinxelo entre primeira e segunda base de Ronny Materano, logo avanzou roubando a segunda base; e o cuarto bate dos Halcones José Morales, tróuxoo á goma cun dobrete entre o xardín dereito e o central. A resposta dos cataláns non se fixo esperar e fabricaron 2 anotacións na cuarta entrada para irse arriba 2 por 1, logo aumentaron o marcador facendo 4 na sétima e finalmente 3 na oitava entrada, e así gañar o partido 9 carreiras a 1.

O lanzador gañador do partido polo Sant Boi foi Junior Guerra lanzando 7 entradas completas, aceptando solo 1 carreira de Halcones, axudado por nove indiscutibles que bateó a ofensiva catalá.

Polos Halcones o lanzador derrotado foi Román Carrasco, o cal lanzou 7 entradas e permitiu 6 carreiras, as outras 3 fabricáronlla ao lanzador Ronny Materano quen lanzou as 2 últimas entradas.

O segundo partido foi ao día seguinte o domingo 25. Os Halcones de Vigo non puideron fabricar carreiras en todo o partido, caendo derrotados 4 carreiras por 0 sendo dominados por completo polos lanzamentos do pitcher catalán José Cruz. O equipo de Sant Boi comezou dende o inicio do partido inaugurando o marcador con 2 anotacións na mesma primeira entrada, logo fixeron 1 na quinta e finalmente 1 na oitava, mentres o lanzador do Sant Boi dominaba claramente a ofensiva galega. Finalmente o partido culminou a favor dos de Barcelona con branqueo para os de Vigo.

O lanzador gañador foi José Cruz e o perdedor polos Halcones foi José Pimentel. O equipo do Sant Boi bateó 7 hits e fixo 3 erros, mentres que os galegos batearon solo 2 hits e fixeron 2 erros á defensiva.

Desta forma Los Halcones de Vigo viñeron con dúas derrotas dende Barcelona, pero agora a preparación desta semana será co fin de enfrontar o próximo sábado ao Barça en par de encontro que serán de suma importancia para os galegos.