Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Os Halcones de Vigo BC impuxéronse ao Club Leones de Santiago BC por un contundente 13-4. O encontro tivo lugar en Oroso o pasado domingo. Cabe destacar a boa actuación dos xogadores Andrés Fernández, Félix Mercedes e Pedro Ozoria. A próxima xornada, a 6ª da Liga Nacional de béisbol, o club vigués recibirá ao Cambre, o encontro será o domingo 19, ás 12 h. no Campo de As Plantas (Bembrive).

 

halconesEsta fin de semana Los Halcones de Vigo viaxan a Santiago de Compostela para enfrontarse ao equipo Leones, na quinta xornada da Liga Nacional de Béisbol 1ª División A - Grupo Noroeste, que se disputará o domingo día 12 de Abril.

 

halconesA pasada fin de semana, o equipo de sofbol feminino de Los Halcones de Vigo, perdeu ambos os dous partidos da Liga Open de Sofbol. Ao mesmo tempo, o equipo cadete permanecía concentrado en Valencia disputando o Campionato Nacional de Clubs. Perdeu tres, dos seus catro encontros contra Viladecans, Astros de Valencia e Sevilla, por resultados de 11 a 1, 9 a 8, e 11 a 6.

 

Esta fin de semana, o equipo senior feminino de sofbol dos Halcones de Vigo, viaxa a Lugo, para disputar a terceira xornada da Liga galega open de sofbol feminino, contra os equipos de Beisbol Cambre, e Lume de Lugo.

 

halconesEste venres 26, os Halcones de Vigo na súa categoría cadete, trasladaranse na madrugada á cidade de Valencia para disputar o Campionato de España de Béisbol de Clubes. O equipo vai con ánimo de facer un bo papel e estar entre os primeiros de España na súa categoría.