Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

halcones_1O equipo sénior feminino de sofbol non puido conseguir gañar ningún encontro nos seus partidos inaugurais da pasada fin de semana. Para as rapazas do Halcones de Béisbol foi unha grande experiencia, xa que era o seu debut neste deporte. O primeiro encontro do día custoulles un pouco entrar en xogo e perdeuse por un resultado de 16 a 0 contra o equipo de Lume.

 

Despois de aprazarse a primeira xornada da Liga open de sofbol feminina, este sábado as xogadoras do Halcones de Vigo reciben aos equipos de Lume (Lugo) e Béisbol Cambre (Coruña), en horario de 12:30 e o seguinte a continuación. Dende o club vigués invítannos a asistir e apoiar aos nosos clubs galegos en pro do desenvolvemento do Sofbol na nosa comunidade.

 

equipo_sofbol_femeninoXa se deu a coñecer o calendario da liga galega open de sofbol 2014 e o equipo feminino de sofbol de Halcones debutará este sábado, 6 de setembro, nun dobre enfrontamento ante o Lume (Lugo) e Cambre (Coruña). Os partidos disputásense no Campo de O Ceao de Lugo a partir das 10:00 da mañá.

 

halconesO alcalde de Vigo, Abel Caballero,  asinou o pasado venres un convenio de colaboración por valor de 15.000 euros co Halcones Béisbol, un "importantísmo" equipo en España. Desexoulles a mellor das sortes na máxima división na que compiten a nivel nacional "porque son o equipo punteiro nesta modalidade deportiva". O Club vigués está adherido ao programa Siareiros da Fundación Vigo en Deporte dende os seus inicios.

 

Despois dunha frutífera xornada aínda que cun clima adverso, especialmente nos inicios do segundo encontro, os Halcones mostraron o seu poderío e se alzaron coas dúas vitorias necesarias para conseguir o subcampionato da Primeira División de Béisbol Senior.