Colaboradores
- Detalles
Este sábado, ás 11 h en Sevilla, iniciase a Liga Nacional de Béisbol Senior Española. Os Halcones de Vigo disputarán os seus primeiros dous partidos contra os Red Sox de Sevilla. Despois dunha emocionante Copa Galega, os Halcones xa quentaron os motores para comezar con bo ritmo esta Liga Nacional.
- Detalles
O equipo senior do Halcones de Vigo quedou subcampión da Copa de Béisbol Senior da Xunta de Galicia. Despois dun emocionante encontro o equipo de Cambre alzouse como Campión da Copa.
- Detalles
Despois dun vibrante encontro no campo da Coruña a pasada fin de semana, o equipo local de Cambres levou a vitoria ante o Halcones de Vigo cun marcador a favor de 9 a 7 na Copa Xunta de Galicia de béisbol. Ao comezo do partido o equipo vigués marcou 6 carreiras que lles serviron como grande colchón durante 3 innings, non obstante, o equipo local se impuxo e comezou a dominar o partido ata chegar a empatarse por 7 carreiras nas últimas entradas.
- Detalles
Nesta cuarta xornada da Copa Xunta, os Halcones impuxéronse con marcador de 15 carreiras a 3 aos Leones de Santiago, partido aprazado fai quince días e disputado onte. Tras esta vitoria os vigueses alzan a súa motivación para o seguinte encontro que se levará a cabo a próxima fin de semana en terras coruñesas, para estar máis preto de poder xogar a final e, conseguir o título da Copa Xunta de Galicia.
- Detalles
Os Halcones de Vigo enfrontáronse o pasado domingo ao Cambres de A Coruña nun encontro tan disputado que se decidiu todo na última entrada, onde o equipo coruñés remontou no noveno inning para levarse unha vitoria sumamente disputada dende o inicio do xogo.