Colaboradores
- Detalles
O pasado domingo iniciouse a Copa Xunta de Galicia Senior de béisbol onde os Halcones de Vigo saíron vitoriosos do primeiro encontro disputado contra Leóns BBC en Sigueiro, Santiago de Compostela. A última fin de semana invernal trouxo consigo non só un espectacular inicio primaveral, senón tamén viño acompañado do comezo da Copa Galega de Béisbol Senior.
- Detalles
Emocionante torneo o disputado a pasada fin de semana polos Halcones de Vigo en Santiago. Organizado polo Club Os Tilos, a primeira edición do Torneo de Nadal infantil tivo como vencedor ao Cambre. O equipo gañador foi superior en ambos os dous partidos, as 4 carreiras do equipo vigués non abondaron para as 17 marcadas por eles, as súas vitorias foron ben merecidas.
- Detalles
O equipo infantil do Halcones de Vigo desprázase, este domingo 15 de decembro, a Santiago de Compostela, para participar no I Torneo Nadal de béisbol en categoría infantil, que terá lugar en San Juan de Calo, Teo, e está organizado polo Club Os Tilos.
- Detalles
Cun bo ambiente e grande cantidade de público, levouse a cabo o pasado domingo 1, o noveno Torneo de béisbol senior "Cidade de Vigo" de béisbol. A primeira hora enfrontáronse os anfitrions, Halcones de Vigo, contra Los Leones de Santiago. Este partido foi dominado completamente polos de casa, guiados polos envíos do noso lanzador xuvenil Andrés Fernández quen actuou durante as nove entradas, o partido culminou 10 anotacións por 4 a favor de Halcones.
- Detalles
Este domingo, día 1 de decembro, disputarase o acostumado torneo anual de béisbol Cidade de Vigo na súa novena edición, organizado polo Club de Béisbol Halcones de Vigo. Esta vez están invitados dous equipos máis o local, ditos equipos son: Leones de Santiago e Druídas BC.