Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

374ronny-materano-en-accionO Halcones de Vigo, club pentencente ao programa Siareiros elite da Fundación VIDE, renunciará, unha vez máis, á División de Honra do béisbol nacional. O motivo non é outro que a imposibilidade de reformar o campo de Ás Prantas. O pasado mes de xullo, o equipo vigués conseguiu o ascenso á máxima categoría.

 

374ronny-materano-en-accionHalcones de Vigo finalizou a súa participación na Primeira División do Béisbol Nacional cunha meritoria segunda praza e un fin de semana de tolos. Cun persoal mermado polas baixas, e tras unha viaxe por estrada de máis de 14 horas, o equipo vigués só puido xogar un dos dous partidos programados.

 

rivas_halcones_junio_2013Os Halcones de Vigo encadearon dúas novas derrotas, tras a súa visita a pasada fin de semana a Madrid, onde o Rivas Vacia Madrid gañaou ambos os dous partidos con vitorias de 9 x 7 no primeiro choque e de 12 x 2 no segundo enfrontamento.

 

halcones_junio_13Os Halcones de Vigo conseguiron derrotar por dúas veces ao Estrellas Negras de Murcia, tras o dobre enfrontamento que tivo lugar este sábado en Vigo. Con estas vitorias, o equipo vigués aséntase na segunda praza con balance de tres gañados e tres perdidos.

 
O próximo sábado, os Halcones de Vigo reciben, no seu campo de Bembrive, ao equipo de Murcia Estrellas Negras. Ambos os dous equipos loitarán polo segundo posto da táboa, polo tanto tórnase un importante do, xa que buscarán gañar ambos os dous encontros. O primeiro partido será as 14:00 horas e o segundo xogarase trinta minutos despois de culminar o primeiro encontro.